Ir ó contido

Conmemoración da morte de Xesús

Sábado, 12 de abril de 2025

Unha vez ó ano, as testemuñas de Xehová conmemoramos a morte de Xesús tal como el mandou cando dixo: “Facede isto en memoria de min” (Lucas 22:19).

Invitámoste a asistir a este evento.

Preguntas frecuentes

Canto dura?

Aproximadamente unha hora.

Onde se vai celebrar?

Contacta coas testemuñas de Xehová da túa localidade para saber onde se celebrará na túa zona.

Hai que pagar para asistir?

Non.

Farase algún tipo de colecta?

Non.

Como hai que ir vestidos?

Aínda que para este evento non hai que vestirse dunha maneira específica, as testemuñas de Xehová esforzámonos por seguir os consellos da Biblia sobre vestir de forma modesta e respectuosa (1 Timoteo 2:9). Pero non é necesario que a roupa que leves sexa cara ou moi formal.

En que consiste a Conmemoración?

A Conmemoración consiste principalmente nunha conferencia na que se explica a importancia da morte de Xesús e como podemos beneficiarnos do que Deus e Cristo fixeron por nós. Para comezar e rematar a reunión, cántase unha canción e unha testemuña de Xehová fai unha oración.

En que datas se celebrarán as próximas Conmemoracións?

2025: sábado, 12 de abril.

2026: xoves, 2 de abril.