Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 2

Quen é Deus?

Quen é Deus?

1. Por que deberiamos adorar a Deus?

Deus é o creador de todo o que existe. Non ten nin principio nin fin (Salmo 90:2). As boas noticias que a Biblia contén proceden del (1Timoteo 1:11). Debémoslle a vida e, por tanto, faremos ben en adoralo. Le Apocalipse 4:11.

2. Como é Deus?

Ningún humano pode ver a Deus porque é un espírito, é dicir, un ser superior ás formas de vida que hai na terra (Xoán 1:18; 4:24). Aínda así, podemos saber como sente e como pensa cando observamos todo o que fixo. Por exemplo, a variedade de froitas e flores fálanos do seu amor e sabedoría, e o inmenso Universo, do seu poder. Le Romanos 1:20.

Podemos coñecer a Deus aínda mellor se lemos a Biblia. Nela descríbese como trata á xente, como reacciona ante diferentes situacións, ou que lle gusta e que non. Le Salmo 103:7-10.

3. Cal é o nome de Deus?

Xesús dixo: “Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome” (Mateo 6:9). Aínda que Deus recibe moitos títulos, só ten un nome. A súa pronuncia é distinta en cada idioma. En galego a forma máis utilizada é Xehová. Pero algunhas persoas usan a forma Iavé. Le Isaías 42:8.

Moitas traducións da Biblia utilizan títulos como Señor ou Deus, en lugar do seu nome, Xehová. Cando se escribiu, a Biblia usaba o nome de Deus nada menos que unhas 7000 veces. De feito, Xesús empregábao cando falaba coa xente sobre Deus. Le Xoán 17:26.

Ver o vídeo Ten Deus un nome?

4. Importámoslle a Deus?

Igual que este pai, Deus interésase polo noso ben a longo prazo

Significa que a Deus non lle importamos o feito de que tantas persoas sufran? Hai quen di que nos fai sufrir para probarnos, pero non é así. Le Santiago 1:13.

Deus deixa que tomemos as nosas propias decisións na vida. Verdade que lle agradecemos que nos dea a liberdade de escoller se queremos servirlle? (Xosué 24:15). Pola contra, moitos elixen facer dano a outros, e por iso hai tanto sufrimento. Esta gran inxustiza entristécelle a Xehová. Le Xénese 6:5, 6.

Xehová desexa que sexamos felices porque lle importamos moito. Pronto eliminará o sufrimento e as súas causas. Ten boas razóns para permitir que, de momento, siga existindo. Na lección 8 veremos por que. Le 2Pedro 2:9; 3:7, 13.

5. Como podemos achegarnos a Deus?

Xehová quere que nos acheguemos a el mediante a oración. Cada un de nós é importante para El (Salmo 65:3 [65:2, NM]; 145:18). Ademais, desexa perdoarnos cando lle fallamos porque sabe canto nos esforzamos por compracelo. Por iso, aínda que sexamos imperfectos, podemos gozar dunha estreita relación con Deus. Le Salmo 103:12-14; Santiago 4:8.

Xa que Xehová nos deu a vida, deberiamos amalo máis que a ninguén (Marcos 12:30). Cando nos esforzamos por coñecer mellor a Deus e facer o que pide de nós, demostramos canto o queremos. E deste xeito, podemos achegarnos aínda máis a El. Le 1Timoteo 2:4; 1Xoán 5:3.