Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 7

Como son as nosas reunións?

Como son as nosas reunións?

Nova Zelandia

Xapón

Uganda

Lituania

As reunións dos primeiros cristiáns consistían basicamente en cánticos, oracións, e a lectura e comentario das Escrituras. Non se facía ritual ningún (1Corintios 14:26). Pois nas nosas reunións verás unha cousa moi parecida.

Preséntanse consellos prácticos baseados na Biblia. Na fin de semana, as congregacións teñen unha Conferencia Pública de trinta minutos que explica a utilidade da Biblia para as nosas vidas e o que di sobre os nosos tempos. Anímase a todos a seguir este discurso empregando a súa propia Biblia. Despois da conferencia, faise durante unha hora o Estudo de La Atalaya, no que tódolos asistentes están invitados a participar no comentario dun artigo da edición de estudo da revista La Atalaya. Esta análise axúdanos a saber como aplicar nas nosas vidas os consellos da Biblia. A información que se considera é a mesma en todas e cada unha das máis de cento dez mil congregacións que hai no mundo.

Axúdasenos a ensinar a Biblia cada vez mellor. Entre semana facemos outra reunión. Chámase Vida e Actividades Cristiás, e está baseada nos materiais de estudo e investigación que contén o Caderno de Estudo para a Reunión Vida e Actividades Cristiás. Na primeira parte, Tesouros da Biblia, faise unha achega a algunha porción da Biblia. A continuación, a sección Sexamos mellores mestres inclúe varias demostracións acerca de como manter conversas acerca da Biblia. Un instrutor fai comentarios que axudan a tódolos presentes a mellorar as súas habilidades para ler e falar en público (1Timoteo 4:13). Na última parte, A nosa vida cristiá, coméntase como aplicar os consellos e ensinanzas da Biblia na nosa vida diaria. Inclúe unha sesión de preguntas e respostas que axuda os presentes a afondar nos seus coñecementos acerca da Biblia.

Estamos convencidos de que a calidade do programa de educación bíblica das nosas reunións vaite sorprender (Xoán 6:45).

  • Que se fai nas reunións das testemuñas de Xehová?

  • A cal das nosas reunións che gustaría asistir?