Ir ó contido

Ir ó índice

AXUDA PARA QUEN PERDEU UN SER QUERIDO

A mellor axuda para os que perderon un ser querido

A mellor axuda para os que perderon un ser querido

NOS ÚLTIMOS ANOS INVESTIGOUSE MOITO SOBRE AS ETAPAS POLAS QUE PASA UNHA PERSOA QUE PERDEU UN SER QUERIDO NA MORTE. Aínda así, como vimos no artigo anterior, moitas veces as conclusións ás que chegan os expertos concordan co que di a Biblia. Isto demostra que os consellos deste libro tan antigo seguen sendo útiles na actualidade. Pero a Biblia contén moito máis que bos consellos. Contén información que non se pode atopar en ningún outro sitio e que pode darlle gran consolo a quen perdeu un ser querido.

  • Dános a garantía de que os nosos seres queridos que morreron non están sufrindo

    “Os mortos non saben xa máis nada” di a Biblia en Eclesiastés 9:5. Tamén di que os seus pensamentos desaparecen (Salmo 146:4). É por iso que a Biblia compara a morte a un sono profundo (Xoán 11:11).

  • Dános o consolo de saber que temos un Deus que nos quere

    A Biblia di en Salmo 34:16 (34:15, TNM): “Os ollos do Señor están cara ós xustos, os seus oídos cara ó seu clamor”. Orarlle a Deus para expresarlle os nosos sentimentos é máis ca unha boa terapia ou unha forma de ordenar as ideas. En realidade é unha maneira de chegar a ter unha relación persoal co noso Creador, quen pode usar o seu poder para animarnos.

  • Dános a esperanza dun futuro mellor

    Imaxina un futuro no que os mortos volvan a vivir aquí na Terra! Pois na Biblia fálase dese momento. Por exemplo, ó describir como será a vida na Terra a Biblia di que Deus “enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (Apocalipse 21:3, 4).

A moitas persoas que cren en Xehová a élles máis fácil soportar a dor de perder un ser querido porque teñen a esperanza de volvelos a ver. Por exemplo, Ann, que perdeu o seu home co que levaba 65 anos casada, di: “A Biblia asegúrame que os meus seres queridos non están sufrindo e que Deus vai resucitar a tódolos que están na súa memoria. Sempre que penso no meu home vénme á mente esta esperanza e como resultado fáiseme máis fácil soportar esta situación, que é a máis dura que vivín na miña vida”.

Tiina, mencionada nesta serie de artigos, di: “Dende que Timo morreu, puiden sentir que Xehová estaba comigo. Notei claramente como me axudaba nos momentos máis difíciles. Ademais, a promesa bíblica da resurrección é moi real para min. Dáme as forzas que preciso para seguir adiante ata que poida volver a ver a Timo”.

Estas palabras reflicten o que senten millóns de persoas en todo o mundo que confían no que di a Biblia. Pero, poida que penses que as promesas que encontramos nela non poden ser reais ou que son só un soño. Por que non investigas por ti mesmo as probas que confirman que os consellos e a esperanza que dá a Biblia teñen unha base sólida? Se o fas, daraste conta de que a Biblia é a mellor axuda que poden recibir as persoas que perderon un ser querido na morte.

APRENDE MÁIS SOBRE A ESPERANZA DA RESURRECCIÓN

Mira vídeos relacionados con este tema en jw.org.

A Biblia prométenos que no futuro volveremos a ver os nosos seres queridos que morreron.

EN QUE ESTADO SE ATOPAN OS MORTOS?

A resposta clara que dá a Biblia a esta pregunta é moi tranquilizadora.

Vai a BIBLIOTECA > VÍDEOS (Categoría: A Biblia)

GUSTARÍACHE ESCOITAR BOAS NOTICIAS?

Con tantas noticias malas, onde poderemos atopar boas noticias?

Vai a ENSEÑANZAS BÍBLICAS > FELICIDAD Y PAZ INTERIOR na páxina en español

a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé.