Ir ó contido

Folletos de información pública

 

As testemuñas de Xehová | Quen son?

As testemuñas de Xehová: quen son e como están organizadas.

As testemuñas de Xehová e as súas publicacións

As publicacións das testemuñas de Xehová, tanto en formato impreso como electrónico, axudan ás persoas a acercarse máis a Deus e a entender mellor as ensinanzas da Biblia. Tamén teñen un efecto positivo en quen as le, e poden mellorar a súa calidade de vida.

As testemuñas de Xehová e o seu lugar na comunidade

As testemuñas de Xehová esfórzanse por contribuír positivamente na súa comunidade. Fano dando cursos da Biblia e ofrecendo axuda humanitaria.

As testemuñas de Xehová e a súa predicación pública

Para as testemuñas de Xehová, falar cos seus veciños das boas noticias que hai na Biblia é unha parte fundamental da súa adoración a Deus. Que métodos usan, e que efectos positivos ten o seu ministerio na comunidade?

As testemuñas de Xehová e a vida de familia

As testemuñas de Xehová esfórzanse por poñer en práctica o que ensina a Biblia na súa familia. Iso beneficia ós esposos, ás esposas e ós fillos, e fai que haxa un ambiente de cariño e seguridade na familia. Os pais entenden que teñen a responsabilidade de ensinarlles ós seus fillos os principios da Biblia.

As testemuñas de Xehová. Preguntas frecuentes

Respostas a 10 preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová.

As testemuñas de Xehová e a atención médica

Para as testemuñas de Xehová, a vida é un valioso regalo de Deus, e pensan que tanto a vida coma o sangue son sagrados. Buscan os mellores tratamentos médicos posibles para a súa familia e cooperan con gusto cos profesionais da saúde para encontrar alternativas seguras e eficaces ás transfusións de sangue.

As testemuñas de Xehová e o servizo civil alternativo

Hai tempo que as leis internacionais recoñecen un dereito fundamental: a obxección de conciencia ó servizo militar. As testemuñas de Xehová agradecen que os gobernos cumpran as normas internacionais e ofrezan un verdadeiro servizo alternativo que beneficie a comunidade, que sexa claramente civil e que non implique un castigo.

As testemuñas de Xehová e a neutralidade

De acordo coas ensinanzas da Biblia, as testemuñas de Xehová son neutrais na política. Moitos gobernos danse conta de que a postura neutral das Testemuñas contribúe á paz. Tamén recoñecen que son cidadáns que cumpren as leis, respectan as autoridades e cooperan con elas.

As testemuñas de Xehová e as súas reunións relixiosas

As testemuñas de Xehová consideran que reunirse cos seus compañeiros de crenza é unha parte fundamental da súa fe. As súas reunións, que normalmente se celebran en lugares chamados Salóns do Reino, céntranse na educación bíblica e están abertas ó público.

As testemuñas de Xehová e os labores de socorro

Cando ocorre un desastre, as testemuñas de Xehová están listas para dar axuda física, emocional e espiritual. Tanto os gobernos como as organizacións humanitarias recoñecen o ben organizadas que están as Testemuñas e tódolos esforzos que fan.