Ir ó contido

Díllelo con palabras

Díllelo con palabras

 Ong-Li é unha testemuña de Xehová que vive en Bulgaria e que imparte cursos da Biblia a persoas interesadas. Unha destas persoas é unha muller nova chamada Zlatka, quen estuda a Biblia malia que o seu home non o fai. Ong-Li di: “Cando falamos sobre a familia, expliqueille que é moi importante dicirlle á nosa parella e ós nosos fillos que os queremos. Zlatka miroume cunha expresión triste e díxome que ela nunca lles dixera ó seu home e á súa pequena de nove anos que os quería”.

 Zlatka explica: “Faría calquera cousa por eles, pero non son quen de dicirlles que os quero. A miña nai nunca me dixo que me quería, e a miña avoa nunca llo dixo á miña nai”. Ong-Li ensinoulle coa Biblia que Xehová lle dixera a Xesús de xeito audible que o quería (Mateo 3:17). Animou a Zlatka a pedirlle a súa axuda a Xehová e marcarse o obxectivo de dicirlles ó seu home e á súa filla que os quere.

 Ong-Li conta: “Dous días despois, Zlatka díxome moi contenta que lle pedira axuda a Xehová. Cando o seu home chegou á casa, díxolle que aprendera na Biblia a importancia de respectar e querer o marido. E, logo de facer unha pausa, díxolle que o quería moito. Cando chegou a súa filla, deulle unha aperta e tamén lle dixo que a quería. Zlatka díxome que se sentía moi ben porque, coa axuda de Xehová, foi quen de expresar eses sentimentos que levaban tantos anos reprimidos no seu interior.

Ong-Li segue a ofrecer cursos da Biblia ós seus veciños

 ”Unha semana despois coñecín o home de Zlatka. El contoume: ‘Moitas persoas dixéronme que a miña muller non debería estudar a Biblia contigo. Pero agora non teño dúbida ningunha, o seu curso da Biblia axuda moito a nosa familia. Temos unha relación máis agarimosa e feliz’.”