Ir ó contido

Galería de fotos de Warwick (de setembro de 2015 a febreiro de 2016)

Galería de fotos de Warwick (de setembro de 2015 a febreiro de 2016)

Nesta galería de imaxes poderás ver os avances nas obras da nova sede central das Testemuñas de Xehová e o traballo dos voluntarios dende setembro de 2015 a febreiro de 2016.

Vista do futuro complexo de Warwick no sentido das agullas do reloxo:

  1. Taller mecánico

  2. Aparcadoiro para visitantes

  3. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

  4. Edificio de vivendas B

  5. Edificio de vivendas D

  6. Edificio de vivendas C

  7. Edificio de vivendas A

  8. Edificio de oficinas e servizos

7 de outubro de 2015. Warwick

Traslado dunha peza da ponte que se instalará nunha zona pantanosa. Durante a súa descarga protexérono con pneumáticos. Esta ponte servirá para preservar a zona onde irá instalada.

13 de outubro de 2015. Edificio de oficinas e servizos

Un tellado ecolóxico cuberto de plantas do xénero sedum que cambian de cor segundo se achega o inverno. Nos tellados, plantáronse dezaseis variedades. Os tellados ecolóxicos contribúen á protección do medio ambiente, xa que controlan a auga da chuvia, aforran enerxía e non precisan mantemento, agás a eliminación das malas herbas.

13 de outubro de 2015. Edificio de vivendas D

Un carpinteiro colocando as molduras na cociña dunha das habitacións. En febreiro de 2016, o Departamento de Carpintaría xa instalara máis do 60% do mobiliario das cociñas.

16 de outubro de 2015. Edificio de oficinas e servizos

Os electricistas instalan as luces LED que iluminarán o letreiro co logotipo da Watch Tower situado na torre do patio.

21 de outubro de 2015. Edificio de oficinas e servizos

Vista nocturna do edificio de oficinas e servizos, o letreiro da torre está iluminado. Dende a torre, os visitantes gozarán dunha vista única do complexo de Warwick e os seus arredores.

22 de outubro de 2015. Warwick

Os traballadores preparan o terreo e a continuación botan formigón para construír unha vía de acceso para vehículos de emerxencia. Unha malla provisional protexe o terreo da erosión durante as obras de pavimentación.

9 de novembro de 2015. Edificio de oficinas e servizos

Uns traballadores instalan unha claraboia prefabricada enriba do ascensor do vestíbulo. As once claraboias coas que conta este edificio permiten a entrada da luz natural.

16 de novembro de 2015. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

Un soldador corta cun soprete oxiacetilénico un tubo de aceiro ó carbono para o sistema de refrixeración.

30 de novembro de 2015. Edificio de oficinas e servizos

Unha carpinteira instala a base para a repisa dunha ventá. Unha vez que estea nivelada e a parede estea asegurada, instalaranse as repisas.

17 de decembro de 2015. Warwick

Os traballadores colocan lousas de pedra baixo a chuvia. No centro á dereita, unha niveladora alisa as dúas capas de material sobre o que irá colocado o pavimento. En primeiro plano, unha escavadora cun brazo hidráulico vai colocando as lousas. Á esquerda, unha lona de plástico protexe o chan da erosión.

24 de decembro de 2015. Warwick

Unhas traballadoras pasan cable de media tensión para unha subestación que subministrará enerxía eléctrica ó complexo de Warwick.

5 de xaneiro de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Un traballador remata a estrutura da cuberta situada entre o aparcadoiro e o edificio de oficinas e servizos. Esta cuberta está destinada a protexer os visitantes da chuvia e da neve.

5 de xaneiro de 2016. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

Un técnico programa unha caldeira no panel de control. Xa están instaladas as catro caldeiras do complexo.

8 de febreiro de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Uns técnicos instalan as secadoras na lavandaría. Teñen unha capacidade de entre 6 e 45 kg. As lavadoras irán instaladas ó longo da parede da esquerda.

8 de febreiro de 2016. Complexo de Tuxedo

Gerrit Lösch, un membro do Consello Reitor, dirixe o estudo de La Atalaya da familia Betel. Esta reunión retransmítese ós lugares onde se aloxan os voluntarios de Warwick.

19 de febreiro de 2016. Edificio de vivendas A

O Departamento de Interiores descarga moqueta nun dos edificios de vivendas. Compráronse máis de 65.000 m2 de moqueta para todo o complexo de Warwick.

22 de febreiro de 2016. Warwick

Entre setembro de 2015 e febreiro de 2016, chegaron os permisos de habitabilidade para os edificios de vivendas C e D. Isto permitiu aloxar aquí os traballadores. Xa están instalados tódolos ascensores. Tamén se rematou o acceso ós edificios de vivendas, incluída a colocación das lousas do pavimento. Grazas ó bo tempo que fixo no inverno, puidéronse avanzar os traballos de xardinaría.

24 de febreiro de 2016. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

Un membro do equipo do falso teito camiña con zancos para instalar a estrutura do teito. O Departamento de Paredes e Teitos encárgase de montar as estruturas, colocar o illamento, poñer os paneis de xeso e botar o lucido. As estruturas que instalan están preparadas contra incendios mediante un sistema de compartimentos.